MAREA ÁRTABRA FERROL, PRESENTA O SEU PROGRAMA DE IGUALDADE
Unknown17:58


A Marea propón a creación dun Observatorio Municipal da Saúde das Mulleres

A Marea presentou o seu Programa de Igualdade diante da estatua que a cidade ten en lembranza e recoñecemento á figura de Concepción Arenal.

As integrantes da lista Lucia Vizoso, Begoña Hermida e Paula Meizoso, compareceron en rolda de prensa para explicar que o Programa de Igualdade da Marea constrúese sobre tres eixos:
  • 1º Eixe, propostas de reordenamento institucional, onde destaca a aposta polo enfoque comarcal que caracteriza á Marea, indicando que os servizos da Casa das Mulleres, Casa de Acollida e CIM, pasen a ser servizos mancomunados. Ou donde tamén se especifica a reformulación do actual Consello Sectorial da Muller para convertilo nun órgano resolutivo.
  • 2º Eixe, propostas de implementación de políticas de igualdade, onde destaca a convocatoria dun Foro Cidadá Pola Igualdade, o impulso ao III Plan de Igualdade ou a creación dunha Escola de Empoderamento.
  • 3º Eixe, propostas de implementación de políticas de saúde para as mulleres e garantía de dereitos sexuais e reprodutivos, onde se reflicte a preocupación de A Marea pola saúde das cidadás de Ferrol, en relación aos problemas e necesidades asociadas ás distintas etapas e momentos vitais das mulleres (sexualidade, embarazo, parto, post-parto, aborto, menopausia, enfermidades de transmisión sexual, cancro...). Unha preocupación que leva á Marea a propoñer a creación dun Observatorio Municipal da Saúde das Mulleres, que entre as súas funcións estaría a interlocución e coordinación co área sanitaria en todos estes temas, realizando un estudo de diagnose sobre a situación da saúde das mulleres, e elaborando propuestas para garantir os dereitos relacionados coa saúde.
Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter