Marea Ártabra Ferrol, reuniuse con a Federación de ANPAS de Ferrolterra
Unknown17:53


Actividades extraescolares con enfoque intercentros e xestión pública dos comedores, ofertas da Marea no seu Programa de Educación.

A Marea mantivo entrevista coa Federación de Anpas de Ferrolterra, onde intercambiaron opinións a respecto dos distintos programas, que segundo A Marea Ártabra, “encaixan nunha porcentaxe bastante alta”.

A Marea comparte moitas das preocupacións que a Federación de Anpas reflicte no programa que, de cara ás municipais, está presentando ás distintas forzas políticas da cidade que van concurrir ás municipais.

A Marea tamén aposta pola activación do Consello Escolar Municipal, aumentando as súas competencias e transversalidade, tanto na representación como na acción sobre a política educativa municipal.

Outro tema sobre o que se debatiu nesta reunión foi sobre a oferta e xestión das actividades extraescolares. A Marea plantea unha xestión pública e enfoque intercentros, que aumentaría a oferta e optimizaría recursos.

A Marea aposta pola xestión pública tamén á hora de organizar os comedores escolares, pois os considera como un espazo educativo máis.

Impulsará a xestión dos comedores escolares mediante a creación dunha cociña municipal para todos os comedores escolares xestionados polo Concello, onde ademáis se priorizará o consumo de produtos locais e saudables.

A reivindicación dun Conservatorio de Danza ou a necesidade dunha planificación para optimizar os traballos de mantenimento e rehabilitación das instalacións escolares, son outros dos eixos do Programa de Educación de A Marea, que no día de onte, tivo a oportunidade de confrontar coa Federación de Anpas da nosa cidade.


Na Categoría :
Que é a Marea? Marea Ártabra quere alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo. Facebook e Twitter