CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Unknown11:22

ACTA DA VIII ASEMBLEA ORDINARIA
Unknown16:38



En Ferrol  sendo as 20 horas do día 25 de Febreiro de 2015 reúnese a Asemblea Ordinaria da Marea Artabra que comeza por elexir dúas persoas para a mesa que queda conformada por Begoña e César.
A continuación apróbase aseguinte  Orde do Día:

1-      Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
2-      Regulamento de Primarias
3-      Elección de voceiros da Marea
4-      Aprobación dos Estatutos da Marea Artabra
5-      Código Ético
6-      Fixación da data da seguinte Asemblea Ordinaria

Comézase por da lectura a acta da sesión anterior que é aprobada por unanimidade.
A continuación procédese a debater o Regulamento de Primarias con diversas intervencións e propostas que sometidas a votación obteñen o seguinte resultado:
-          Eliminación do preámbulo: Votos a favor 1, en contra 8 e 15 abstencións.
-          Cremalleira pura para toda a lista: 4 votos a favor
-          Cremalleira pura para os 5 primeiros postos e 60-40 para o resto da lista: 20 votos a favor
-          Suprimir o apartado da obligación de votar nunha porcentaxe de 60-40 de xénero: 16 votos a favor, 0 en contra e 7 abstencións.
Procédese finalmente a aprobar o Regulamento coa introducción dos cambios aprobados obtendo 21 votos a favor e 0 en contra quedando polo tanto aprobado o regulamento de primarias xunto ao seu calendario.
3- Procédese a dar conta de que tal e como se establece no Regulamento de funcionamento da Marea hai que elexir aos portavoces da Marea. Indícase que a Coordinadora, na sesión celebrada o pasado luns optou por propoñer 4 candidatos en lugar dos dous recollidos no Regulamento para que sempre poda estar algunha persoa dispoñible. Pregúntase se hai algunha persoa que se quera propoñer para voceiro.
Dado que non hai ningunha persoa que presente a súa candidatura indícase que os propostos pola Coordinadora son Begoña, Lucia, Manu e César. Sometida a votación esta proposta acada 18 votos a favor e 0 en contra. Acórdase celebrar una rolda de prensa para presentar aos voceiros e o Regulamento de Primarias o Sábado 1 de Marzo.
4- A continuación pasase a discutir os Estatutos da Marea indicándose que son uns Estatutos tipos para cumplir un requisito legal para legalizar o partido instrumental. Éntrase nun debate sobre os últimos acontecementos chegándose á conclusión de que a Marea debe continuar e presentarse ás eleccións. Votados os estatutos estos son aprobados por unanimidade.
Dada a hora decidese dar por concluida a Asemblea deixando para a próxima Asemblea a discusión do Código Ético non sin antes fixar como data de celebración da Asemblea de Marzo que queda para o Mercores 25.
Antes de finalizar acórdase emitir un comunicado sobre a privatización do servizo de recollida de lixo no sentido de solicitar ao Alcalde que paralice calquera proceso de concesión deste servizo deixando esa responsabilidade á seguinte corporación.
Levantase a Asemblea sendo as 22,10 horas.

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA MAREA ÁRTABRA (05-02-15)
Unknown01:11

Unha decisión necesaria

O vindeiro xoves, 5 de febreiro, ás 19:45 hh. no C. C. Carvalho Calero, celebraremos unha Asemblea Extraordinaria co obxectivo de tomar dúas decisións que serán de grande importancia para o futuro da iniciativa.
  1. ¿Queremos presentarnos ás eleccións municipais de maio deste ano?
  2. No caso de presentarnos, ¿cal será a forma xurídica que adoptaremos?
A Marea Ártabra celebrou o pasado sábado, na Galería Sargadelos, unha interesante sesión aberta da súa Comisión de Organización.

O obxectivo dese encontro era coñecer as diferentes propostas que existen no interior da Marea, para tentar ir ao fondo dos debates que acompañan a cada posición, os seus pros e contras, o grao de consenso que desperta cada alternativa...

ACTA DA VII ASEMBLEA (EXTRAORDINARIA) DA MAREA ÁRTABRA. (05-02-15)
Unknown20:51

Acta. Pendente de aprobación.

En Ferrol, sendo as 20,05 horas do día 5 de febreiro de 2015, no Salón de Actos do C. C. Carvalho Calero, comeza a Asembleia Extraordinaria da Marea Ártabra escolléndose a Mesa que queda formada por Chema, Lucia e Cesar coa seguinte Orde do día:
  1. Decisión sobre a presentación ou non de Marea Ártabra ás Eleccións Municipais.
  2. Forma Xurídica da Marea.

ACTA DA VI ASEMBLEA DA MAREA ÁRTABRA. (28-01-15)
Unknown21:05

Acta. Pendente de aprobación.

En Ferrol, sendo as 20,25 horas, no Salón de Actos do C. C. Carvalho Calero, dá comezo a VI Asemblea Xeral da Marea Ártabra.

Mesa
A proposta da Coordenadora, inicia a Asemblea unha Mesa formada por Dulce Anca e Manuel Rodríguez, que convidan a calquera dos asistentes a incorporarase a ela. Ningunha persoa asistente acepta a invitación.

Orde do día
Unha vez composta a Mesa que moderará e levantará acta da Assmblea, faise lectura da orde do día proposta pola Coordinadora e se invita a todos/as os/as presentes a que propoñan novos puntos na orde do día.

CONVOCATORIA DA VI ASEMBLEA XERAL DA MAREA ÁRTABRA
Unknown01:43

O mércores, 28 de xaneiro, no C. C. Carvalho Calero, ás 19:45 hh., celebraremos a VI Asemblea da Marea Ártabra de Ferrol.

A Coordenadora da Marea proporá como compoñentes da Mesa inicial a dúas persoas. Coma en ocasións anteriores, poderán incorporarse á Mesa persoas propostas desde a mesma Asemblea.

Despois de ratificar a Mesa, aprobarase a Orde do día. Neste sentido, a Coordenadora propón incialmente as cuestións seguintes:
  1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
  2. Decisión sobre a Data da Asemblea Extraordinaria pendente.
  3. Discusión e aprobación do Regulamento Básico de Funcionamento da Marea.
  4. Elección da data da próxima Asemblea Ordinaria.
Con respecto ao debate pendente proposto na Asemblea anterior (decisión sobre a lingua vehicular da Marea), enténdese que está recollido na Discusión do Regulamento.

Vémonos na Asemblea para seguir avanzando.

ACTA DA V ASEMBLEA DA MAREA ÁRTABRA (18-12-14)
Unknown02:31

Acta

En Ferrol, sendo as 20,15 horas no salón de actos do Instituto Concepción Arenal, dá comezo a V asemblea cidadá da Marea Ártabra escolléndose a mesa que estará formada por Chema, Lucía, César e Alberto.

Antes de comezar a Asemblea indícase por parte da mesa que a acta da IV asemblea celebrada o xoves 27 de novembro non se vai ler xa que a persoa que tiña que redactar a Acta aínda non o fixo.
Por parte desa persoa indícase que por motivos laborais non tivo tempo de redactala. Acórdase dar lectura a ese acta na próxima Asemblea.

ACTA DA IV ASEMBLEA DA MAREA ÁRTABRA (27-11-14)
Unknown02:36

Acta pendente de elaboración e de aprobación



ACTA DA III ASEMBLEA DE MAREA ÁRTABRA (30-10-14)
Unknown15:07

Acta. 

Ás 19:30 horas, no C. C. Carvalho Calero iníciase á III Asemblea da Marea Ártabra, con dous homes e dous mulleres na mesa, moderando, tomando acta e presentando a seguinte orde do día:

1.- Lectura da acta anterior
  • Obxéctase que non houbo acordos na asemblea e si consideracións, o que é aceptado pola asemblea e procederase a cambiar a redacción da acta.

ACTA DA II ASEMBLEA DA MAREA ARTABRA (14-10-14)
Unknown09:00

Acta.

LUGAR: C.C. CARBALHO CALERO
DIA: 14 DE OUTUBRO DO 2014 AS 20:00hrs.
ASISTEN AO REDOR DE 40 PERSOAS.

ORDE DO DÍA:
  1. PROPOSTA DE FORMACIÓN DE MESA 
  2. LECTURA DA ACTA ANTERIOR 
  3. ORGANIZACIÓN DA COORDENADORA E ASEMBLEAS 
  4. PROPOSTA DE CRONOGRAMA 
  5. CALENDARIO DE ASEMBLEAS DE BARRIO 
  6. CONTINUIDADE DA ACTUAL COMISIÓN: BAIXAS E NOVAS INCORPORACIÓNS.

ACTA DA I ASEMBLEA DA MAREA ARTABRA (02-10-14)
Unknown08:00

Acta.

Xoves 2 Outubro 2014.

Hora de comezo: 20:15
Hora de remate: 22 horas

Acuden arredor de cen persoas ao Carvallho Calero.

Na mesa 4 persoas, dous homes e dúas mulleres, que fan as labores de introducción, toma de acta e moderación, os cales se prestaron voluntarios/as para a labor.

Establécese que soamente haberá dous puntos de orde do día:
  1. Valoración do que os cidadáns esperan da Marea.
  2. Conclusións organizativas.